O 8M tensa a sesión de control ao Goberno | Investigan a ría de Pontevedra a vista de paxaro | Ciencia fronte a posibles novas pandemias
12/03/2025 00:12:03O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a líder nacionalista, Ana Pontón, cruzan acusacións de discriminar en cuestións de igualdade. Na sesión de control ao Goberno, os socialistas insistiron en que se acepte a quita da débeda | Inditex logra en 2024 un beneficio de case 6.000 millóns de euros, un 9 % máis respecto a ano anterior. As vendas subiron tanto no comercio por internet como nas tendas físicas. Pese a estes resultados, Inditex caía esta mañá na bolsa case un 8 % | A ría de Pontevedra a vista de paxaro. Drons de última tecnoloxía explorarán o seu fondo e o seu ecosistema nun estudo do CSIC e outras institucións europeas. Hai moitas expectativas para o marisqueo | Buscaron a inmunización contra o coronavirus a contrarreloxo e conseguiron acabar coa pandemia... Os científicos confirman que estamos mellor preparados pero, sinalan, nunca hai risco cero
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado