Incendio na comisaría da Policía Nacional de Santiago | 800 incidencias ao paso da borrasca Nils| Xoves de comadres e compadres infantil en Ourense
12/02/2026 00:24:55Incendio na Comisaría de Policía Nacional de Santiago. Os bombeiros teñen xa controlado o lume, que comenzou no soto e que obrigou a evacuar o edificio. A columna de fume cubríu gran parte da cidade. Non se rexistraron danos persoais | A borrasca Nils deixa unhas 800 incidencias rexistradas polos servizos de emerxencias nas últimas horas, como a caída dunha árbore sobre un vehículo, en Caldas de Reis, no que a condutora resultou ilesa | Un mes baixo os efectos da sucesión de borrascas, afecta ao estado de ánimo, especialmente as persoas máis habituadas a facer vida no exterior. Os expertos en saúde mental advirten da necesidade de manter as rutinas, evitar o sedentarismo e sobre todo non descoidar a vida social | Celebración infantil do xoves de comadres e compadres en Ourense. Escolares de distintos centros representan, con bonecos, unha regueifa ritual entre homes e mulleres
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado