Telexornal Galicia 12-01-2026 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 12-01-2026

Exténdese a protesta contra o acordo co Mercosur | Reclamación da Morte Digna no aniversario de Ramon Sampedro | Vigo apaga as luces de nadal

13/01/2026 00:25:00
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 12-01-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 12-01-2026
Telexornal Galicia 12-01-2026 00:25:00 13/01/2026
Recomendable para todos los públicos
Sinopsis

Os agricultores e gandeiros, en protesta contra o acordo da Unión Europea co Mercosur, retiran os tractores na Autovía das Rías Baixas en dirección a Madrid. Os tractores marchan tamén, en Lugo. O Sindicato Labrego Galego súmase ás mobilizacións na Coruña, diante da delegación do Goberno | O sector pesqueiro protesta, en Cambados, contra o diario electrónico para os barcos de máis de 12 metros. Unha normativa que entrou en vigor o pasado sábado, e pola que hoxe parte da frota da ría de Arousa permaneceu amarrada | Lembranza, en Santiago, de Ramón Sampedro, no aniversario da súa morte hai 28 anos, por suicidio asistido. Foi o primeiro español que pedíu o dereito á eutanasia. En Galicia en 2024 houbo 35 demandas de eutanasia, das que se realizaron 16 | En Vigo, despois de case dous meses, apagouse a iluminación De nadal. As 12.000 bombillas led que xa son un atractivo turístico. Durante estas semanas, a ocupación na cidade olívica superou o 75%. Case a metade dos turistas foron estranxeiros

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano