Telexornal Galicia 11-07-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 11-07-2025

Protesta dos avogados da quenda de oficio | Volve a covid, cunha nova variante | Récord de peregrinos, coas molestias de tanta afluencia

11/07/2025 00:22:53
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 11-07-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 11-07-2025
Telexornal Galicia 11-07-2025 00:22:53 11/07/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Avogados e procuradores da quenda de oficio protestan en Santiago polas súas condicións laborais, tras ano e medio de mobilizacións e folgas. Aseguran que carecen de dereitos básicos como vacacións ou baixas, e que as retribucións non cobren nin o custo do seu traballo | Os datos de vixilancia epidemiolóxica mostran un importante aumento da incidencia da covid desde hai dous meses, e especialmente nas tres últimas semanas. Trátase dun novo tipo da variante ómicron que non é grave, pero adoita vir con síntomas gastrointestinais e afonía | Agárdase que este ano, máis de medio millón de peregrinos recollan en Santiago a Compostela, o certificado de que fixeron o Camiño. Outro ano de récord, coas súas consecuencias económicas, pero tamén coas molestias que, a veces, provoca tanta afluencia de xente | A oferta musical dispárase esta fin de semana con festivais coma o Big Sound en Pontevedra, o do Mundo Celta en Ortigueira ou o Atlantic Pride na Coruña... E Vigo inaugura a temporada de concertos en Castrelos con Ana Belén

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado