Inditex declara un beneficio de 6.200 millóns | Empresas do metal, afectadas pola guerra | Campaña para adiantar os cribadados de cancro de mama
11/03/2026 00:24:43O grupo Inditex dispara a súa cotización na bolsa ao declarar uns beneficios que superan os 6.000 millóns de euros en 2025. As vendas acadan nese período os 40.000 millóns e melloran as espectativas do mercado. É o cuarto ano consecutivo de resultados récord para a compañía, cun divivendo que devolve ao fundador Amancio Ortega á lista dos 10 máis ricos do mundo | A guerra en Oriente Medio segue a impactar na nosa economía. Entre os sectores máis afectados, as empresas do metal, que advirten do encarecemento dos prezos da enerxía que están a experimentar e dificultades para o cobro de encargos por parte dos países en conflicto | Adiantar os cribados de cancro de mama a partir dos 40 anos. É unha iniciativa promovida por mulleres que foron diagnosticadas antes de cumplir os 50, que é a idade a que se fan esas probas actualmente en Galicia | A restauración do baldaquino da capela maior, un dos tesouros da Catedral de Santiago, é unha das intervencións en madeira polas que Manuel Touza foi galardoado co premio do colexio de arquitectos
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado