Denunciado por acoso sexual o Presidente da Deputación de Lugo | Miles de consultas canceladas pola folga de médicos |O Ribeiro recupera o Tostado
10/12/2025 00:24:13O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, acusado de acoso sexual, por varias mulleres, de xeito anónimo, a través dunha canle interna do seu partido do PSOE. Tomé compareceu hoxe mesmo para negar ás acusacións | A portavoz nacional do BNG, que goberna co PSOE na Deputación de Lugo pide aos socialistas que retiren a Tomé do cargo | A consellería de Sanidade cifra en máis de 250 as operacións que tiveron que ser canceladas nos hospitais galegos a causa da folga de médicos, que entra hoxe na segunda xornada| As asociacións en defensa da sanidade pública reclaman unha lei para impedir a xestión privada dos hospitais. Destacan o caso de Povisa, de Vigo que pertence ao Grupo Ribera, igual que o hospital de Torrejón, e atende a máis de 110.000 pacientes | A denominación de orixe Ribeiro recupera a variedade de viño tostado. Un produto de complexa elaboración, que require meses de secado. Unha adega de Castrelo de Miño busca pomelo en valor mediante a modalidade de produción ecolóxica
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado