Aumentan as doenzas polo estrés e a ansiedade | A cirurxía robótica chega as 12.000 intervencións | Borja Iglesias, convocado de novo para a...
10/10/2025 00:25:02Conmemoración do día da Saúde Mental, con máis de 70.000 persoas que padecen alguna doenza dese tipo en Galicia. O estrés e ansiedade son as circunstancias que, segundo os especialistas, máis están a afectar | A cirurxía robótica avanza, con cerca de 12.000 intervencións efectuadas en Galicia dende que comezou a funcionar o primeiro robot Da Vinci, hai catro anos. A colocación de próteses de cadeira e xeonllo mediante esta técnica supera o 40%, pero os especialistas dín que poderían chegar ao cen por cen dos casos | Nun dos mellores momentos da súa carreira, Borja Iglesias di que lle colleu por sorpresa a convocatoria para a selección, despois de tres anos, no partido de mañá ante Xeorxia. Un encontro que será retransmitido por La 1, e, por primeira vez, coa posibilidade escoitalo en galego | Visitamos o taller da artista coruñesa Verónica Moar, antes de que parta cara a cidade de Yingdésen, considerada a capital da porcelana Chinesa, para participar no seu prestixioso premio internacional de cerámica
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado