Pleno Parlamentario | Alcohólicos anónimos | Centro Dramático Galego
10/06/2025 00:25:00A actividade parlamentaria comezaba cunha xunta de voceiros extraordinaria na que os nacionalistas pretendían forzar explicacións de Rueda no pleno de mañá polo caso de Alfonso Villares. O Partido Popular impediuno e o tema acabou protagonizando a sesión de hoxe | Traballadoras de residencias de maiores privadas e dos servizos de axuda no fogar de toda Galicia mobilizáronse hoxe en Santiago. Piden mellores condicións laborais e salariais para un sector, o dos coidados, especialmente feminizado e precario | A Xunta vén de autorizar a creación dun centro de recría de vacas de leite con capacidade para máis de 1.200 exemplares. Será un dos negocios deste tipo máis grandes de Galicia e se instalará en Sobrado dos Monxes, provincia da Coruña | O tribunal Supremo recoñece a existencia de falsos autónomos na empresa NovaFrigsa do Grupo Coren en Lugo | Un modelo de predicións do Campus de Ourense calcula como evolucionaría un incendio cara a prever problemas en estradas e liñas de tren | O Tribunal Superior de Xustiza ratifica a condena a Jácome por vulnerar o dereito á participación política da oposición no pleno municipal | O Concello de Vigo multa á Sareb por incumprir ordes de reparación de tres edificios en estado de abandono. Un dos inmobles é a Privada Moderna, onde os veciños levan anos resistíndose ao desafiuzamento | Unha de cada dez persoas consume alcohol decotío en Galicia. Alcohólicos Anónimos celebra os seus 90 anos con 20 centros na nosa comunidade, tres deles en cárceres | Celta e Deportivo anuncian fichaxes | O Centro Dramático Galego pasa a formar parte da Unión de Teatros de Europa, unha prestixiosa rede internacional que lle abre a porta a colaborar cun selecto grupo de 25 centros | O músico galego Sen Senra homenaxea á súa familia e aos emigrantes no seu novo disco; un traballo en formato físico, con vinilo e casete incluídos baixo o título do número de matrícula do coche que tiña seu pai, PO 2054 AZ
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado