O Gasóleo supera os 2 euros por litro | O PP rexeita investigar o proxecto de Altri | Máis de 30.000 consultas suspendidas pola folga de médicos
10/03/2026 00:25:03O gasoleo, por riba dos dous euros o litro. Unha escalada de prezos que non se vía dende a invasión rusa de Ucraína, e que volve agora coa intervención de Estados Unidos e Israel en Irán. Os armadores reclaman medidas urxentes, ante o aumento de máis dun 50 por cento no custe dos combustibles na última semana | Sen acordo para a creación dunha comisión de investigación sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. O PP opúxose á iniciativa do BNG, apoiada polos socialistas, ante o que consideran irregularidades no acordo entre a Xunta e a multinacional portuguesa | O Sergas estima en máis de 30.000 as consultas que se levan suspendido pola folga indefinida de médicos de atención primaria. Facultativos de diferentes áreas néganse a facer horas extra para desconxestionar as listas de agarda, como medida de presión | Unha aldea no parque do Xurés, é o escenario de 'As Augas', primeira película dirixida pola actriz, Ledicia Sola. É a historia dunha muller que se retira coas suas mellores amigas para superar unha crise existencial
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado