Médicos en folga polo Estatuto Marco | Incendio mortal nunha vivenda en Palas polas luces de nadal | O Ourense enfrontarase ao Atletic de Bilbao na...
09/12/2025 00:25:02Citas canceladas en centros de saúde e consultas hospitalarias, na primeira xornada da folga convocada polos sindicatos médicos. A sua principal reivindicación: contar cun estatuto laboral propio para os facultativos. Unha medida que rexeita o Ministerio de Sanidade | A garda civil continúa a investigar o incendio ocurrido nunha vivenda en Palas de Rei, no que unha muller de 51 anos resultou morta por inhalación de fume, e outros cinco familiares feridos. Os bombeiros atribúen o lume a unha mala conexión dás luces de Nadal colocadas na entrada | Satisfacción no sector hostaleiro pola ocupación turística rexistrada durante a ponte festiva en Galicia, que estiman en cerca do 60 por cento. Os visitantes de orixe nacional foron os máis numerosos, coas luces de Nadal de Vigo como reclamo principal | O sorteo coloca ao Athletic de Bilbao comoo rival do Ourense na próxima xornada da Copa do Rei. O Celta medirase co Albacete e o Deportivo co Mallorca
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado