Conxemar pecha con cifras de récord | Mobilización dos traballadores de Ryanair | Os galegos da Flotilla, de volta | Álvarez de Sotomayor, na Coruña
09/10/2025 00:25:02Conxemar, a gran feira europea dos produtos conxelados, pecha en Vigo con cifras de récord e pide máis espazo para seguir medrando. O número de visitantes desta edición vaise aproximar aos 30.000 e o volume de negocio superará tamén o do ano pasado | Os traballadores que prestan servizo a Ryanair en Santiago mobilízanse contra o ERE que suporá un cento de despedimentos no aeroporto da cidade. Propoñen como alternativa una regulación de emprego temporal | Sandra Garrido e Manu López, os dous galegos que participaron na Flotilla humanitaria interceptada por Israel, son escépticos sobre o plan de paz de Trump para Gaza. Os dous están de volta en Galicia | A Fundación Barrié abre na Coruña unha ampla exposición retrospectiva de Fernando Álvarez de Sotomayor, con obras da Casa de Alba o traídas de Chile que nunca se expuxeron ao público
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado