Brais Lorenzo, premio World Press Photo | Apoio dos empresarios ao plan da Xunta contra as baixas fraudulentas | A conserva bate record de facturación
09/04/2026 00:25:03O fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo, acaba de ser premiado co World Press Photo europeo pola súa cobertura dos incendios forestais que arrasaron Galicia o pasado verán, os máis graves das últimas tres décadas | Boa acollida entre os empresarios ao Plan anunciado por Alfonso Rueda para combater a fraude nas baixas laborais, mediante unha unidade especial da Xunta. Din que pode axudar a reducir a duración das incapacidades temporais. O goberno central, en cambio, considera a medida ilegal | O sector mar industria rexistra no último ano un récord histórico de actividade, cun incremento da facturación de máis do 10 por cento respecto ao anterior. A patronal das conservas atribúe os bos resultados á estabilidade do sector. O consumo de peixe fresco, en cambio, segue á baixa | O Celta volve a terras xermanas para manter vivo o soño na Europa League. Os de Giraldez, con Iago Aspas recuperado, plantarán cara ao Friburgo, oitavo na Bundesliga
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado