Reparación da muralla de Lugo danada polo temporal | Folga de traballadores de Renfe | Perdas de 60 millóns do sector marisqueiro nos últimos 5 anos
09/02/2026 00:25:06Comenza a reparación do desprendemento na Muralla de Lugo. Un treito entre a Porta Miñá e a de Santiago, que se derrubou a consecuencia das chuvias intensas. O concello precisa que a parte caída non corresponde ao muro orixinal romano senon que foi construído hai uns cen anos | Nova xornada de incidencias no tráfico ferroviario, hoxe a causa da folga convocada polos sindicatos de maquinistas, que provocou atrasos e varias conexións canceladas na nosa comunidade | A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa reclama á Xunta axudas económicas para paliar as perdas no sector marisqueiro que cifra nuns 60 millóns nos útimos cinco anos. Din que as borrascas das últimas semanas afectan á salinidade e aceleran a mortandade das especies | A feira do cocido é unha das citas gastrónómicas do inverno, declarada de interese turístico internacional. Lalín recibiu este domingo miles de visitantes con ganas de comer que disfrutaron ademáis do tradicional desfile nas rúas
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado