Volta ao cole con 4.000 alumnos menos | En liberdade os detidos contra a presencia de Israel na volta ciclista | As Meninas volven ao barrio de Canido
08/09/2025 00:24:58Xornada de volta ao cole en tódalas etapas educativas, dende infantil á secundaria. Son máis de 300 mil alumnos, case 4.000 menos ca o curso pasado, debido á caída da natalidade. A Xunta fala, en cambio, de récord no número de profesores, máis de 31.000. Ainda que varios centros denuncian carencias sobre todo no persoal de atención a necesidades especiais | Xa están en liberdade as persoas detidas nos incidentes durante a etapa da Volta Ciclista en Monforte. Unha protesta contra a participación dun equipo israelí mentras dura a sanguenta operación militar dese país en Gaza. Entre os participantes, unha concelleira do BNG que foi atendida no hospital | As Meninas volven ao barrio ferrolán de Canido. Xa son máis de 1.000 as imaxes creadas nun certame que foi concebido hai 17 anos para revitalizar unha paisaxe urbana degradada a través da recreación da icónica obra de Velazquez |
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado