Telexornal Galicia 07-11-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 07-11-2025

Reforma da Atención Primaria | O chapapote dos incendios | Queixas á Valedora | Triunfo do Celta na Europa League | ‘La Lom’ en Santiago

07/11/2025 00:25:00
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 07-11-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 07-11-2025
Telexornal Galicia 07-11-2025 00:25:00 07/11/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Os traballadores sanitarios plántanse ante a reforma da Atención Primaria que pretende a Xunta. Farán folga a finais desde mes | Manifestación e paro polo ERE e o ERTE no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia. Supón o despedimento de 150 traballadores e a redución de horarios para 110 | Mañá comezan doce días de folga polo persoal de ENCE, en Pontevedra, polos 39 despedimentos previstos, só na fábrica. A pasteira insiste en negociar | 2024 foi o ano con más queixas presentadas ante a Valedora do Pobo. Un 75% foron resoltas. Sanidade e a dependencia seguen a ser os asuntos que máis preocupan | Ana Pontón pide explicacións á Xunta polo estado e falta de medios das residencias galegas | Xornadas para formar ós policías en violencia de xénero | A Comisión Europea recoñece ao proxecto de Altri carácter estratéxico para mellorar a competitividade da Unión. Dalle prioridade á axudas europeas e ábrelle a porta ás estatais do Pacto Industrial Limpo | Veciños e negocios sofren os problemas de acceso a auga potable en moitas aldeas de Valdeorras polo chapapote formado polas cinzas dos incendios do verán coas chuvias | Aumenta o risco de gripe aviar. A partir do próximo luns, as galiñas de curral de 40 concellos galegos deberán permanecer confinadas para reforzar a protección | Comeza o procedemento para declarar Ferrol 'Lugar de Memoria Democrática'. Será a primeira cidade con esta consideración | Partido estelar do Celta en Croacia tras derrotar por 0 goles a 3 ao Dinamo de Zagreb, a priori un dos equipos máis duros da competición | Iniciación á práctica do exercicio físico entre os máis pequenos, clave para o desenvolvemento físico, mental e social | A banda LA LOM chega a Santiago de Compostela coa súa inconfundible fusión de soul latino e bolero

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado