Abre Conxemar en Vigo | Reciclaxe de aparellos electrónicos | Doazón de sangue nas universidades | Os flamengos volven ás salinas de Vilaboa
07/10/2025 00:24:46Medrar mantendo a calidade e a sostibilidade. É o desafío do sector dos produtos do mar conxelados. Conxemar, a gran feira europea das empresas deste sector abre as súas portas en Vigo, con case 800 expositores de 46 países | Galicia recicla cada ano unhas 15.000 toneladas de electrodomésticos e aparellos electrónicos. Máis de 300 expertos e xestores deste proceso reúnense na Coruña co obxectivo de incentivar a reciclaxe e mellorar a recuperación de materiais | Hoxe comezou en Vigo a campaña de doazón da comunidade universitaria. Este curso contan con chegar ás 4.500 doazóns de sangue entre as tres universidades | As salinas de Ulló, na ría de Vigo, acollen estes días un grupo de flamengos, unha especie que non paraba por aquí desde hai máis de cincuenta anos. Os ornitólogos pensan que se debe ao cambio climático, cos invernos máis suaves
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado