Asasinato machista en Galicia | Reaccións á manifestación a prol da sanidade pública | Foro sobre abusos a menores | Triunfo do fútbol galego
07/04/2025 00:12:02Minutos de silencio por Josefa, primeira muller morta pola violencia de xénero este ano en Galicia. Non figuraba no sistema de protección de vítimas de violencia de xénero, o vioxén. No cuartel do Barco de Valdeorras está detido en relación co crime o seu home | A Xunta aumentará a atención sanitaria por medios telemáticos. É unha das medidas aprobadas no Consello de hoxe. Alfonso Rueda tamén informou do estado da débeda pública galega | Miles de persoas acudiron este domingo a Santiago para pedir máis recursos económicos e de persoal para a Sanidade Pública | Sindicatos solicitan una reunión urxente con Inspección de Traballo para abordar a situación da fábrica de Sargadelos de Cervo. Por carto día os traballadores non puideron traballar no que é un peche irregular | Campaña da DGT de control de velocidade en Galicia nos días previos á Semana Santa | Triunfo do fútbol galego a fin de semana. O Celta celebra a permanencia virtual, mentres o Dépor acurta distancia para p playoff de ascenso. Pendentes este serán do Racing de Ferrol en Elche | Sabela Cereijo presentará en formato acústico o seu terceiro disco "Todo lo que te no te dije"
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado