Protesta en Ourense contra o acordo da UE co Mercosur | Empezan as rebaixas, con folga na Coruña | A Lotaría do Neno deixa 45 millóns en Galicia
07/01/2026 00:24:31Gandeiros e agricultores intensifican a sua mobilización de protesta en Ourense co bloqueo do acceso a subdelegación do goberno. Denuncian a previsión de recorte de axudas da PAC e a ratificación do acordo da Unión Europea co Mercosur. Din que pode supoñer unha competencia desleal polo acceso de produtos sen cumplir os estrictos controis comunitarios | Primeiro día tralas festas de nadal, con establecementos pechados na provincia da Coruña pola folga do sector textil. Reclaman a blindaxe dos convenios provinciais fronte a intención das grandes compañías como Inditex, Mango ou Primark, por implantar os de ámbito estatal | Galicia volve ser a comunidade con menor gasto previsto nas rebaixas, cun presuposto medio de 90 euros por persoa, ainda que cun aumento de case un 5 por cento respecto ao ano anterior | Máis de 20 millóns de euros da Lotaría do Neno, repartidos por unha administración do Porriño. En total, o sorteo deixa uns 45 millóns en Galicia
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado