Telexornal Galicia 06-11-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 06-11-2025

Facultade de Medicina | Congreso sobre o narcotráfico | Mellorar o inglés xogando ao Camiño | O paso de Ramón García por Mauthausen

06/11/2025 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 06-11-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 06-11-2025
Telexornal Galicia 06-11-2025 00:25:01 06/11/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Os concellos afectados polos incendios terán prioridade nas axudas da Xunta. Haberá unha xuntanza coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para protexer os ríos das cinzas. Protestas dos bombeiros forestais durante a reunión dos conselleiros cos alcaldes para reclamar estabilidade forestal | Plan invernal para os 2.500 quilómetros da rede de estradas do Estado en Galicia | A vertedura de aceite de palma en Vigo supera as cen toneladas calculadas inicialmente. O temporal segue a levalo ata o Morrazo | Acordo en relación á polémica do ensino da carreira de Medicina. Vigo e a Coruña apartan de momento a idea de ter facultade propia se en tres anos o ensino dos últimos cursos está descentralizado | Primeira manifestación e folga conxunta do persoal da atención á discapacidade, protección de menores e infantil. Denuncian malas condicións laborais e desentendemento da Consellería de Política Social | Narcopisos, submariños, comunicacións encriptadas... o novo narcotráfico fai precisas reformas lexislativas na loita contra a droga. Congreso de expertos na Estrada | Visita dunha comunidade indíxena de Canadá á central hidroeléctrica de San Bartolomé, nas Fragas do Eume | Quenda para o Celta esta noite en Zagreb na cuarta xornada da Europa League. Será ante un dos mellores equipos do torneo | Ambientada no Camiño de Santiago, as universidade de Vigo e Santiago desenvolven un videoxogo para mellorar a pronunciación en inglés, a compresión auditiva e a escritura do idioma | 21 anos da morte de Ramón García, un veciño de Campañó que, tras alistarse na Lexión Estranxeira, logrou sobrevivir ao campo de concentración de Mauthausen. O xornalista Juan de Sola recupera nun libro a súa historia | Música irlandesa esta noite e mañá no Teatro Colón da Coruña co espectáculo 'Rhythm of the Dance', da compañía nacional de danza de Irlanda. Combina bailes tradicionais e modernos con música en vivo

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado