Telexornal Galicia 06-10-2025 | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 06-10-2025

Chegan os deportados da Flotilla dende Israel | Iniciativa para fomentar a Educación Financeira | A falta de puntería deixa ao Celta cun novo empate

06/10/2025 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 06-10-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 06-10-2025
Telexornal Galicia 06-10-2025 00:25:01 06/10/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Chega o primeiro grupo de españois deportados dende Israel, entre eles o lucense Manu López, patrón dun dos barcos da flotilla interceptada cando intentaba achegar axuda humanitaria a Gaza. Nas próximas horas está prevista a chegada de Sandra Garrido, a outra galega que viaxaba na flotilla | Os grupos contrarios á planta de Altri en Palas de Rei aumentan a presión para que a mulitinacional renuncie definitivamente ao proxecto. Din que quedar fóra da planificación eléctrica do Ministerio de Transición Ecolóxica, é un punto de inflexión que debe levar á Xunta a denegarlle a tramitación | Un escape room para desafiar os coñecementos dos alumnos en materias como interpretar un balance, cambiar divisas ou contratar unha póliza de seguros. E unha das iniciativas, na Coruña, no Día para fomentar a Educación Financeira impulsado polo Banco de España | A falta de puntería frea o intento do Celta de anotar unha primeira vitoria na liga, un empate a un co Atlético de Madrid. Reparto de puntos tamén para o Deportivo en Almería. O equipo feminino cae derrotado en Murcia. No sorteo da Copa O Negreira quedou emprazado a enfrontarse á Real Sociedade. 06-10-2025

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado