Alfonso Rueda na Conferencia de Presidentes | Xornadas Xurídicas | Patrullas veciñais | As localidades polos seus personaxes históricos
06/06/2025 00:25:02Rueda pide a convocatoria de eleccións xerais adiantadas na Conferencia de Presidentes. Primero dunha comunidade gobernada polo PP en tomar a palabra, saudou en galego e continuou o seu discurso en castelán | Adega denuncia que a Xunta só analizou 4 sustancias contaminantes das máis de 20 que esixe a UE na valoración medioambiental do proxecto de Altri en Palas de Rei| Unións Agrarias considera imprescindible que se manteñan as PAC | Sinistralidade de tractores: 120 accidentes en 2024 e 16 falecidos | Dous anos e un mes de cárcere para un fisioterapeuta de Santiago que abusou sexualmente dunha paciente e condena a outro home a 10 meses de prisión por lesións á súa parella | A maxistratura de España pecha en Sarria as xornadas xurídicas; foro de debate de referencia no que abordaron a independencia xudicial, a violencia de xénero e a reforma xudicial | Un de cada catro mozos en Galicia de entre 14 e 18 anos aposta diñeiro en xogos de azar | Os catro detidos na liorta de Pontevedra pasan a disposición xudicial. A policía busca ao quinto participante identificado | Patrullas veciñais en Ourense para tratar de facer máis seguros os seus barrios. O SUP desaconsella tales iniciativas e demanda medidas | Informacións periodísticas apuntan á inxección de diñeiro a Povisa por parte da Xunta, como denuncia a CIG, con opacidade. Tería ocorrido durante a negociación da nova concesión asinada. O montante superaría os 20 millóns de euros á marxe do previsto no convenio | Investigadores da Universidade de Santiago intentan reproducir a sensación de morrer con realidade virtual. O obxectivo: axudar a reducir o medo e a ansiedade en enfermos terminais | Queixas porque a illa de San Simón acollerá o domingo un evento de bachata. Piden á Xunta que o impida | Castelao, Lorca ou Eva Perón en Santiago... Coñecer as cidades polas súas personaxes relevantes é un novo xeito de facer turismo | O barco alemán Platoon recorta distancia co estadounidense American Magic na Copa Galicia 52 Super Series
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado