Telexornal Galicia    06-05-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 06-05-2025

Tensión polo reparto de menores migrantes | Tráfico marítimo por Fisterra | Agarda para o permiso de conducir | Os fondos mariños falan

06/05/2025 00:24:06
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    06-05-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    06-05-2025
Telexornal Galicia 06-05-2025 00:24:06 06/05/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

O Goberno Central mantén o seu criterio de reparto de menores inmigrantes non acompañados entre as comunidades autónomas, tras non chegar a acordos na comisión sectorial. A Xunta asegura non ter capacidade para acoller aos 326 que lle corresponderían a Galicia | O Parlamento rexeita unha iniciativa do BNG para que a contratación pública inclúa cláusulas sociais, medioambientais e de igualdade | En abril creáronse 8.000 postos de traballo en Galicia, co que as persoas desempregadas na nosa comunidade sumaban algo máis de 115.500 | A economía galega medrou nun 3 % interanual no primeiro trimestre do 2025 | Mercar e rehabilitar casas e palleiras centenarias en ruínas para convertelas en apartamentos de aluguer social. É a medida que puxo en marcha o concello ourensán de Parada de Sil para fixar poboación | Xornada anómala na lonxa de gando de Silleda. O gran mercado comezaba hoxe a poxa cun sistema dixital similar ao das lonxas de pescado. Todo funcionou con normalidade pero a sorpresa chegaba polas baixas vendas | Un cento de buques pasan cada día a menos de cen quilómetros da costa galega, un terzo deles con mercadoría perigosa. Un intenso tránsito marítimo que se regula desde o centro de coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra | O Instituto Español de Oceanografía de Vigo conta a historia da humanidade a través dos sedimentos do mar | Galicia reduciu as súas emisións de gases de efecto invernadoiro a máis da metade dende o ano 1990 | As autoescolas están desbordadas. A maioría teñen lista de agarda para comezar as prácticas despois de aprobar o teórico | A venda de vehículos na nosa comunidade baixou nun 2.8 % neste pasado mes de abril | Virxilio está considerado un dos mellores artistas galegos do século pasado. Co gallo do centenario do seu nacemento, una mostra de Ourense descóbrenos o artista abstracto, a súa faceta máis íntima e descoñecida

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado