Viaxes canceladas pola guerra en Oriente Medio | Preparativos para a prohibición de bebidas enerxéticas a menores | O Celta recibe ao Real Madrid
06/03/2026 00:25:00A guerra en Oriente medio impacta de cheo nas axencias de viaxes, e provoca cancelacións a destinos turísticos na zona de conflicto. Países como Turquía, Chipre ou Exipto, na lista dos que o Ministerio de Asuntos Exteriores recomenda precaución | A dous días do 8M, día internacional da Muller, sucédense os actos de reivindicación. Hoxe manifestacións de estudantes, como esta en Santiago, nunha xornada de folga contra a violencia machista e a desigualdade de xénero. O domingo están previstas marchas en numerosas localidades | Os supermercados ultiman os preparativos para a entrada en vigor, mañá, da prohibición da venda e consumo de bebidas enerxéticas a menores. Unha medida da que Galicia é pioneira e que o goberno Central quere extender ao conxunto de España | Marián Mouriño, a presidenta do Celta, atendeunos antes do partido desta noite contra o Real Madrid. Con ela falamos da temporada ilusionante dos celestes e das renovacións de Iago Aspas, Claudio Giráldez e Óscar Mingueza
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado