Polémica pola suspensión de trens en Vigo | Alerta vermella en varios puntos do Miño | Os profesores terán reducción de xornada para o próximo curso
06/02/2026 00:25:03Polémica pola suspensión total, por segundo día, do servizo ferroviario en Vigo, que se estende a liña convencional entre Ourense e Santiago, sen transporte alternativo por estrada. A Xunta acusa a Renfe de deixar abandonados a miles de viaxeiros. O BNG cualifica tamén de inaceptable a postura da compañía | Máis de 400 incidencias rexistradas polos servizos de emerxencias nas últimas horas en relación coa meteoroloxía. O principal foco de atención é o Miño, con puntos en nivel vermello ao seu paso por localidades como A Peroxa, Ribadavia ou Salvaterra | Os docentes de ensino secundario poderán ter redución de xornada a partir do próximo curso. Así o contempla o acordo asinado pola Xunta con catro sindicatos, para posibilitar o cambio de 20 a 18 horas lectivas semanais | En Arabia Saudí subíu ao podio como campión do mundo do Dakar na categoría de motos eléctricas. Xa de volta, en Carballo, o piloto Fran Gómez Pallas conta cómo foi a sua preparación na Costa da Morte
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado