Arranque do Bono Comercio | Juan Carlos I en Galicia cando se publican as memorias | Porno e menores | Os Sírex en concerto
05/11/2025 00:25:01A Xunta destinará 15 millóns de euros para promotores de vivenda protexida e máis axudas para rehabilitación. O BNG reclama melloras nas listas de agarda e un plan de saúde mental e o PSdG acusa a Rueda supeditar Galicia aos interesas do PP en Madrid | Primeira pedra da futura cidade da Saúde en Santiago | O bono comercio activouse por segunda vez este ano para a campaña de Nadal. Nas súas primeiras horas en funcionamento xa se descargaran máis de 60.000 | AENA agarda propoñer novas rutas para Galicia en dous meses e compensar a perda de prazas e rutas nomeadamente pola retirada de Ryanair | Folga do sector da construción | Os cultivos autóctonos, desprazados polas grandes producións de alimentos con máis demanda, volven cobrar vida en Galicia. Os bancos de sementes recuperan os sabores e aromas que forman parte da nosa identidade agrícola | A Xunta mantén a alerta laranxa por ventos fortes e chuvias xeneralizadas que afectan especialmente á Coruña e Pontevedra. A alerta esténdese tamén ao litoral | Juan Carlos I chega a Galicia coincidindo coa publicación das súas memorias nas que reivindica o seu papel na chegada da democracia e repasa as relacións da familia real | Os consellos da Cultura e Relacións Laborais alertan da violencia económica sobre ás mulleres na relación de parella e noutros ámbitos | Un de cada cinco rapaces ve porno en Galicia de xeito frecuente e cada vez desde máis novos. As redes facilitan este consumo pero a educación sexual non vai a tanta velocidade como as tecnoloxías | Vigo celebra o ‘Hematofesti’: festival de humor e literatura inspirado en Miguel Ángel López, alias Hematocrito | ‘Os Sírex’ actuarán o domingo na Coruña o ano que celebran o seu 65 aniversario sobre os escenarios
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado