A UE eleva a máis de 143.000 as hectáreas queimadas en Galicia | Cae unha rede que ocultaba droga en envíos de pel de bobino | Carmen de Bizet, na...
05/09/2025 00:25:00O Sistema Copérnicus da Unión Europea eleva a máis de 143.000 as hectareas queimadas en Galicia polos incendios do mes de agosto. Os datos supoñen un 23 por cento máis que a cifra estimada pola Xunta, dunhas 110.000 hectáreas | Operación Olimpia, da Garda Civil na comarca do Salnés contra unha rede á que interveu máis e dúas toneladas de cocaína. A droga era importada a través de contedores marítimos descargados en Portugal. Os alixos viaxaban ocultos en envíos legais de pel de bovino procedentes de Sudamérica | Os concellos de Santiago e a Coruña encabezan o gasto en servizos culturais por habitante en Galicia. Vigo e Ourense sitúanse no extremo oposto. Así o indica un informe do Consello da Cultura Galega que destaca o investimento cultural de pequenos concellos como Larouco | Carmen, a célebre obra composta por Georges Bizet hai século e medio, chega por primeira vez a Galicia. Unha versión dirixida por Calixto Bieito, que reinterpreta a historia en clave contemporánea, abre esta noite a temporada lírica no Pazo da Ópera da Coruña
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado