Parabéns da Xunta ao Estado pola xestión do apagamento | Nova normativa do radón | Tour virtual no materno | Burela, de novo Copa do Raíña
05/05/2025 00:25:04Alfonso Rueda volve eloxiar e agradecer ao goberno do Estado a súa actuación durante o apagamento. No consello de hoxe, o goberno galego tamén aprobou o Pladiga e a elaboración dun censo de persoas que sofren soidade non desexada. Nacionalistas e socialistas pregúntanse como Galicia, produtor de enerxía eléctrica, foi dos últimos territorios en normalizar o subministro eléctrico e esixen explicacións á Xunta | Nova protesta no río Ulla contra Altri e a Mina de Touro | Ampliada ata o 30 de xuño a campaña extractiva da ostra rizada na modalidade de a pé nas rías de Ares e Sada | 46 de cada 10 sancións por verteduras de aguas residuais son a concellos | A concentración gas radón no aire non poderá superar os 300 bequerelios. Nova normativa en vigor que obriga a medir os niveis deste gas nos establecementos comerciais de planta baixa | Mobilizacións dos traballadores da construtora A Vida Group. Levan dous meses sen cobrar | O tráfico da Autovía do Noroeste en dirección Madrid verase interrompido no enlace coa A-8, á altura de Baamonde, por traballos de mellora | Comeza o trámite de repatriación do corpo de Xoan Rivas, veciño do Incio falecido en Marrocos nun accidente de moto | Dúas detencións por presuntos casos de violencia machista. Galicia é a comunidade coa segunda taxa máis alta de mortes por violencia machista | Guía virtual para embarazadas sobre a atención a partos no Materno da Coruña | As universidades galegas reforzan os dobres graos de cara ao próximo curso. Haberá catro novas titulacións mixtas | Obrigan a un banco a devolver 7.800 euros a un cliente de Vigo que sufriu unha ciberestafa. O cliente clicara nun enlace dunha mensaxe fraudulenta, o que se coñece como "smishing", tralo que lle roubaron os cartos da súa conta | Cara e cruz para os equipos galegos de fútbol. Contundente vitoria do Deportivo contra o Albacete, pero derrotas do Celta e do Racing de Ferrol. O Burela de fútbol sala feminino ergue a súa sétima copa da Raíña | Alfonso Galván no MARCO de Vigo. Cadros da natureza recreada na imaxinación cos que o artista madrileño conta historias provocadoras que son mentira, pero parecen verdade
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado