Telexornal Galicia    05-03-2026 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 05-03-2026

162 millóns para reparar as estradas danadas polos temporais | Fracasa a negociación da folga de médicos de primaria | O duro oficio das percebeiras

05/03/2026 00:23:42
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    05-03-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    05-03-2026
Telexornal Galicia 05-03-2026 00:23:42 05/03/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Arranca o Plan extraordinario para reparar as estradas, especialmente danadas tralos últimos temporais, cun investimento de 162 millóns de euros, por parte do Ministerio de Transportes. Contempla actuar nuns 2.000 puntos críticos de toda a rede viaria de titularidade estatal | A folga de médicos de Atención Primaria continúa sen acordo, tralo primeiro encontro entre os convocantes, do sindicato OMega, e a dirección do Sergas. Un grupo de profesionais protesta en Vigo ante o presidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade, en demanda de medidas contra a sobrecarga asistencial | Dende Santiago, onde estuda Económicas, Mehdi Shobeiri vive pendente da situación en Irán, o seu país. É un dos iranianos que residen en Galicia. Espera a chegada dun novo réxime tralo conflicto bélico | Na semana do 8 M, Acompañamos á un grupo de mulleres nun dos oficios máis duros, no que elas son minoría. As Percebeiras de Camelle, que Rebentan o corpo na batalla co mar por conseguir o prezado froito das rochas, Din que o principal problema é a falla de relevo xeneracional

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado