Telexornal Galicia 04-11-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 04-11-2025

Mal mes para o emprego en Galicia | Novas vocacións no agro | Furor pola costura | ‘Patria unifamiliar’ de Alberto Ardid

04/11/2025 00:25:02
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 04-11-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 04-11-2025
Telexornal Galicia 04-11-2025 00:25:02 04/11/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Alerta laranxa na costa por ondas de 6 metros e fortes ventos. Borrascas atlánticas enviarán sucesivas frontes ao longo da xornada con choivas máis persistentes e intensas na metade oeste | Outubro foi mal mes para o emprego en Galicia. Rematou con 1.100 afiliados á Seguridade Social menos e 300 parados máis. Pero, en comparación con hai un ano, o paro baixou en algo máis dun 7% | Galicia lidera o ranking de millonarios en España, con 3 dos cinco primeiros postos. Amancio líder imbatible máis de 10 anos | Nova liorta política polo balance da Xunta sobre os incendios, que rebaixa a 120.000 hectáreas a superficie queimada en todo 2025, lonxe das 170.000 calculadas polo programa europeo ‘Copernicus’ | Os presidentes da Xunta de Galicia e Castilla y León reclaman avances no corredoiro Atlántico | A UDC renunciaría á Facultade de Medicina de o ensino está descentralizado en dous anos | Farmacias, comercios e administradores de fincas colaborarán coa Xunta na loita contra a soidade non desexada, que afecta a uns 170 mil galegos | Coidadoras do Servizo de Atención ao Fogar de folga | O traballo no campo volve espertar vocacións entre a xente nova, pero os interesados laianse de falla de información e axudas | Listas de agarda nos cursos de costura para aprender a facer arranxos na roupa | 'Patria unifamiliar', a mostra do artista visual vigués Alberto Ardid que mistura o humano e o material como elementos enfrontados con moitos significados en referencia á historia e á cultura de masas

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado