Preocupación dos empregados de Ryanair polo recorte de vós en Galicia | Polémica pola xestión do lume | Peche de praias pola calabera portuguesa
04/09/2025 00:25:01Preocupación dos empregados de Ryanair, polo anuncio de recorte drástico das operacións da compañía aérea irlandesa en Galicia, que supón, de momento a perda de cen postos de traballo. Os concellos de Santiago e Vigo reclaman un plan e que se abran negociacións con compañías alternativas | Tras un mes de agosto no que se rexistraron o maiores incendios forestais da historia, o ministro do Interior pide no Congreso dos Deputados o consenso das forzas políticas para un pacto fronte a emerxencia climática. En Galicia, a oposición intensifica ás críticas á xestión da Xunta | Inaugurado oficialmente o curso nas tres universidades galegas, que contan cun total de 12.000 estudantes de nova incorporación e cunhas 400 novas prazas de aloxamento en residencias. As clases comenzarán a partir do próximo luns | A presenza de máis de 200 exemplares de carabela portuguesa obriga a pechar ao baño as 17 praias do concello de Sanxenxo. A especie, semellante á medusa pode provocar urticarias e problemas graves, especialmente a persoas vulnerables
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado