Despedida a Fernando Ónega na Casa de Galicia en Madrid | A Xunta retoma a negociación cos médicos en folga | A Real Filharmonía cumpre 30 anos
04/03/2026 00:25:00Personalidades da política, a cultura e a comunicación, acuden á Casa de Galicia en Madrid, para dar o último adeus a Fernando Ónega, o xornalista natural do concello lucense de Pol, que foi protagonista en primeira liña da Transición, e considerado un mestre do xornalismo | Na terceira xornada de folga de médicos de atención primaria, a Xunta anuncia para mañá unha nova negociación cos convocantes. Queren abordar aspectos como a definición da xornada laboral e a voluntariedade das gardas dos sábados nos PAC | Mulleres de distintas orixes e profesions, xuntas para prestarse apoio mutuo, nun entorno rural. É a Rede Todas Nós, formada na Costa da norte | Hai 30 anos que empezaban a soar os instrumentos da Real filharmonía de Galicia, A orquestra que hoxe actúa en Vigo no Centro Afundacion. Co director actual, o suizo Balmur Brönnimann, facemos un repaso da traxectoria dunha formación que ten acadado prestixio dentro dos afeccioados á música clásica
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado