O marisqueo confía en salvar a campaña de Nadal | Inditex declara un novo record de beneficio | Espectáculo de danza e música no día da discapacidade...
03/12/2025 00:24:19Volve a actividade aos bancos marisqueiros, tralo peche pola toxina, a tempo para a campaña de Nadal, a máis importante do ano. Os mariscadores intentan tamén loitar contra á ouxa, un peixe depredador do marisco que nalgunhas zonas está a converterse nunha praga | A alarma pola peste porcina africana leva a Xunta e as organizacións do sector a anunciar unha fronte común. Piden intensificar a emerxencia cinexética e establecer compensacións económicas para as explotacións | Inditex dispara a sua cotización bursatil un nove por cento, tras declarar un novo récord de beneficios, de 4.622 millóns nos nove primeiros meses do ano. Supera os 28.000 millóns de facuración, por riba das previsións | Visibilizar o talento para a danza e a música das persoas con discapacidade. É o espectáculo SuperaArte, que chega por primeira vez a Galicia, no día internacional dedicado a este colectivo
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado