Galegos en Oriente Medio din sentirse seguros | O paro sube 8 décimas en febreiro | Mariscadores de Rianxo falan de mortaldade sen precedentes
03/03/2026 00:24:23Mensaxes de tranquilidade por parte dos galegos que residen en cidades de Oriente Medio onde están a rexistrarse ataques de represalia por parte de Irán, trala ofensiva de Estados Unidos e Israel. Din sentirse seguros, a espera das instruccións das autoridades | O Paro sube oito décimas en Galicia no mes de febreiro, segundo os datos publicados hoxe. Os servizos son o sector que máis contribúe ao aumento, mentres baixa na construcción e na industria. As afiliacións á Seguridade Social aumentan en máis de 16.000 respecto a hai un ano | Protesta de productores de mel para reclamar medidas de control sobre os produtos importados. Din que contribúen ao desplome dos prezos. Piden aos consumidores que opten polo mel de alta calidade de elaboración artesanal que contribue tamén dinamizar o rural | Malestar dos mariscadores de Rianxo ante o que califican de desastre sen precedentes, pola mortaldade practicamente total da producción tralos temporais do inverno. A Xunta pide cautela á espera de recopilar máis datos sobre o terreo
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado