Aberta ao tráfico o treito de autovía de Melide a Palas | A Xunta aproba 1.300 millóns para o Plan de I+d+I | Un mercante con obuses no porto de Vigo
03/02/2025 00:12:01Xa se pode circular polo penúltimo treito en abrir da autovía Lugo - Santiago, o que vai desde Palas de Rei ata Melide. O ministro de Transportes, Óscar Puente, inaugurou hoxe os case 12 quilómetros de autovía que separan ambas localidades nos que o estado investiu 100 millóns de euros. Con esta apertura só queda o treito Melide- Arzúa, que se prevé abrir este ano, para completar a autovía Lugo-Santiago | A Xunta aproba o Plan Galego de Investigación e Innovación para o periodo 2025-2027, cun investimento de máis de 1.300 millons de euros en I+D+I | No porto de Vigo leva máis dunha semana amarrado un buque cargado con obuses. O barco non poderá partir ata que repare os danos que sufriu a súa carga por mor dunha borrasca. Prevese que nos próximos días cheguen a Vigo técnicos especializados
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado