Volven as feiras de gando, con prezos record | 1.814 parados menos en novembro | Polémica pola baliza V16 | As estatuas do Mestre Mateo, en Santiago
02/12/2025 00:25:01O gando volve ás feiras como a de Silleda, despois de cinco semanas de restricións pola dermatose nodular. Os prezos da carne manteñense á alza, tal como admiten os propios tratantes | O paro rexistrado cae en 1.814 persoas no mes de novembro en Galicia. Unha baixada do 1´6 por cento. Os afiliados á Seguridade Social descenden, tamén, en máis de 2.000 | Polémica entre os consumidores pola baliza V16, un dispositivo invento de dous antigos garda civis galegos, que se convérte en obrigatoria a partir de xaneiro, para sustituir aos triángulos de emerxencia. Os expertos advirten de buscar produtos homologados para evitar multas de 80 euros | As estatuas do Mestre Mateo que formaban parte do conxunto do Pórtico da Gloria volven a Santiago, logo da sentenza do Supremo que obrigou á familia Franco a devolvelas. Serán exhibidas no Museo do Pobo Galego a partir do día 11
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado