Primeira vítima mortal do ano por violencia machista | Descartan contaminación pola ruptura da balsa do Monte Neme | Bryan Zaragoza abandona o Celta
02/02/2026 00:25:00Nunha casa do Porriño mantívose agochado durante horas, e finalmente quitouse a vida, o home de 67 anos que acababa de asasinar en Mos á que fora a súa parella, María Belén, de 53 | O Ministerio de Igualdade confirmou que se trata dun caso de violencia contra a muller, o sexto no que vai de ano en España, e asegurou tamén que non existían denuncias previas | As autoridades descartan contaminación das augas pola rotura dunha das balsas da antiga mina do Monte Neme, entre Malpica e Carballo. Provocou a vertedura de miles de toneladas de auga, pedra e lama que se desprazou varios quilómetros ata o mar. Ecoloxistas en acción presenta unha denuncia penal | Sorpresa no Celta pola marcha de Bryan Zaragoza, que interrompeu a súa cesión no equipo vigués para asinar pola Roma a pouco máis de 24 horas do peche do mercado de inverno. O equipo move ficha para asinar un reforzo de última hora. Será o centrocampista uruguaio Matías Vecino
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado