A taxa turística chega a Santiago | Evencio Ferreiro anuncia a sua marcha da alcaldía de Carballo| Actos contra o idadismo no día das persoas maiores
01/10/2025 00:24:59A Taxa turística chega a cidade de Santiago, entre as queixas do sector, que non conseguíu frear a entrada en vigor da normativa pola vía xudicial. O Concello aspira recadar ata tres millóns de euros ao ano, cunha taxa que vai de un a dous euros e medio por noite, segundo a categoría do hotel | O alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, do BNG, anuncia a sua marcha, despois de máis de 20 anos no cargo. Di que quere ser un militante de base e un cidadán máis. Será substituído polo actual deputado da formación nacionalista Daniel Pérez López | No día internacional das persoas maiores, distintos actos reivindicativos advirten contra a discriminación por idade. En Covelo, un dos municipios de España con maior proporción de maiores de 90 anos, os residentes explícannos as claves da lonxevidade. A vida sá, e a boa relación con familiares e amigos | Unha superficie de 140 mil metros cadrados, e 40 millóns de euros de investimento para un complexo que contará con once campos para as distintas categorías do Deportivo da Coruña. É o proxecto Depor Training Center, presentado polo club coruñés
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado