Investigadores de Vigo participan na misión lunar da Nasa | 800.000 desprazamentos previstos para a Semana Santa | Desconfinamento das galiñas
01/04/2026 00:24:59As antenas da Universidade de Vigo, listas para encargarse do seguimento da cápsula Orión. O grupo de Tecnoloxía aeroespacial vigués formará parte así da misión Artemis 2, a primeira expedición lunar tripulada da Nasa en máis de medio século, que ten previsto o lanzamento esta madugada dende Cabo Caña-veral | Chega a segunda fase da operación saída Semana Santa, na se agardan uns 800.000 desprazamentos nas estradas galegas. O bo tempo anima a gozar das praias e nas Rías baixas aumentan a reservas de última hora, cos hoteis de Sanxenxo cunha ocupación do 80 por cento | O Ministerio de Agricultura levanta o confinamento das aves de curral ao confirmarse a mellora da situación de risco de contaxio da gripe aviaria. A restrición continuará en 40 concellos galegos | Un grupo de mozos que veñen de Alacant, de entre quince e dezaoito anos cunha gran dependencia ás redes sociais, participan nun programa no que se comprometen a deixar os teléfonos na casa ata rematar o Camiño. Hoxe afrontan a última etapa
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado