Galicia en 2 minutos   21-05-2025 | Ver
Telexornal - Galicia  Galicia en 2 minutos 21-05-2025

Posible crime machista | Saúde mental a debate | Dano cerebral | Castelao na gran pantalla | Polémica nos festivais musicais

21/05/2025 00:02:47
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Galicia en 2 minutos   21-05-2025 Telexornal - Galicia - Galicia en 2 minutos   21-05-2025
Galicia en 2 minutos 21-05-2025 00:02:47 21/05/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

A Garda Civil investiga as circunstancias polas que unha muller se precipitou dende a súa vivenda nun cuarto piso do Barco de Valdeorras. Investigan se se trata dun caso de violencia de xénero. Os veciños e veciñas concentráronse en apoio á vítima | Alfonso Rueda recoñece que a saúde mental é un problema crecente na sociedade galega e que está aumentar a contratación de psicólogos. Responde así á pregunta de Ana Pontón de por que só investiu 33 dos 83 millóns previstos para saúde mental | 25 anos de Alento, a primeira das cinco asociacións galegas de axuda a afectados por dano cerebral adquirido | Este venres chega aos cines 'Antes de Nós', a primeira película de ficción sobre a vida de Castelao | Polémica nos grandes festivais de música galegos pola súa posible vinculación cun fondo de investimento israelí. O Resurrection Fest condena o masacre que se vive en Gaza e nega que o festival se beneficie de cartos israelís. Os outros festivais que estarían vinculados -o Caudal Fest, O Morriña ou o Son do Camiño- ata o momento non se pronuncian

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado