Ás portas da Semana Santa | Queixas á Valedora do Pobo | Reparación a familiares de represaliados | O galego experto en atopar obras de Quevedo
11/04/2025 00:02:34As reservas de turismo para a Semana Santa baixan ata un 30 % polos pronósticos do tempo. Prevense máis de dous millóns de desprazamentos no noroeste. Nunca houbo tantas ofertas de tren en Galicia: 28:000 | Unha de cada catro queixas recibidas na Valedora do Pobo son por mor da atención sanitaria. Primeiro encontro desta institución co conselleiro Antonio Gómez Caamaño | Acto de reparación a familiares de represaliados na Guerra Civil. Os restos mortais recuperados nunha fosa común de Bértoa, Carballo, foron entregados este mediodía aos seus descendentes. A partir de agora poderán velalos no cemiterio de San Pedro de Visma da Coruña | Catro séculos despois de ser escrito, un profesor da universidade de Santiago atopa, cun colega de Huelva, un manuscrito de Quevedo. Está custodiado en París e non deixa dúbida das malas relacións do célebre escritor co Duque de Olivares. O curioso, é que é a segunda vez que o galego atopa por casualidade un texto do célebre autor do Século de Ouro
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado