A escaseza de choivas levou á Xunta a pedir que se modere o consumo de auga e a decretar o estado de prealerta. Os lumes xurdidos nas ultimas...
28/07/2015 00:02:11A escaseza de choivas levou á Xunta a pedir que se modere o consumo de auga e a decretar o estado de prealerta.
Os lumes xurdidos nas ultimas horas, están todos controlados ou estabilizados. O da Mezquita, na provincia de Ourense, queimou 20 hectareas, as mesmas que o de Entrimo, tamén en Ourense.
O presidente da Xunta recibe ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, unha cita marcada polas diferenzas entre ambos ao non querer Noriega asistir á ofrenda ao Apóstolo na catedral compostelá.
O transporte metropolitano da cidade de Ourense e dos concellos lindeiros podería estar en servizo dentro de un ano. Ese é o obxectivo da Xunta anunciado hoxe pola conselleira de Infraestructuras ao reunirse cos alcaldes dos 8 concellos implicados. (28/07/15)
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano