Magazine Galicia 13:40 - 19/02/26
Imos rematando a semana neste xoves que, por fin, trouxo ese bo tempo tan ansiado, día frío pero polo menos seco. No litoral continúa iso si o temporal costeiro, con aviso laranxa.
A actualidade hoxe pasa desde primeira hora polo incendio nunha vivenda en Ferrol, estamos pendentes da evolución dos feridos: catro persoas hospitalizadas, entre elas un bombeiro e un neno.
Día por certo no que continúa a folga sanitaria, e no que estabamos pendentes do fallo do Tribunal Supremo sobre a pertenza do Pazo de Meirás tralos recursos da familia Franco pero finalmente non haberá hoxe fallo xudicial.
E nas últimas horas coñeciamos o aumento da natalidade en Galicia, como veñen de escoitar. Nos vindeiros minutos comezamos precisamente adentrándonos nunha área de obstetricia.