Galicia Informativos Magazine Galicia 13:40 - 16/01/2616/01/2026

Rematamos a semana nun venres con mellor tempo ca onte en terra, pero non no mar. En pouco máis de dúas horas, desde as catro todo o litoral galego queda baixo aviso laranxa por temporal costeiro.

Venres de nova manifestación agrogandeira, con máis dun cento de tractores percorrendo as rúas de Lugo contra o acordo de libre comercio europeo e de Mercosur. Unha postura radicalmente en contra que non comparten tódolos sindicatos agrarios, hai disparidade.

Na sanidade, tras varios días de protestas do persoal de Urxencias do Álvaro Cunqueiro de Vigo, hai avances: suspenden os paros diarios tras reunirse coa dirección. O principal compromiso: a ampliación da área este ano.

Galicia Informativos
Más opciones