Imos rematando a semana. Xoves de moita chuvia, ata as catro seguen activos os avisos por chuvia no interior e óeste das provincias da Coruña e Pontevedra. No litoral, risco de temporal costeiro en toda Galicia. Teñan moita precaución.
Estamos hoxe pendentes do seguimento da folga médica na segunda xornada de protestas, lembren que se pode cancelar a súa consulta e incluso -xa escoitaron- hai centos de cirurxías reprogramadas. Todo para pedir mellores condicións laborais, a partir das dúas e dez escoitaremos as reivindicacións.
Unha das noticias do día está en Pontevedra, na detención dun home por gravar a mulleres por debaixo da saia mediante un móbil agochado. Hai outro caso similar pero moito máis popular, o da Maruxaina de Lugo, que tamén é noticia. Por aí comezamos.