Galicia Informativos Magazine Galicia 13:40 - 13/01/2613/01/2026

Segundo día da semana e segundo día de folga no transporte de viaxeiros por estrada, en cidades coma Santiago apenas saen autobuses fóra dos servizos mínimos. Día tamén no que seguen as protestas do agro contra o acordo da Unión e Mercosur, pero desde a pasada tarde o foco da reivindicación está en Lugo, con tractoradas nesta cidade. A partir das dúas e dez escoitaremos a última hora, tamén da análise feita pola Xunta á proposta de financiamento do Goberno Central: considera que as achegas serán insuficientes para financiar os nosos servizos públicos.

E un día despois da iniciativa lexislativa popular presentada no Parlamento galego para pedir máis profesorado de atención a diversidade, coñecemos datos preocupantes sobre a educación: a burocracia, a conflitividade e a falta de apoio institucional lastran ós profesores galegos.

Galicia Informativos
Más opciones