Boas tardes.... Hoxe imos escoitar a unha veciña da Baña, de 43 anos a que lle detectaron un cancro de mama xa nun estadío moi avanzado, pide que os cribados se fagan xa desde os 40 anos e non nos 50 como ocorre agora. A clave da curación está en que os tumores se detecten canto antes.
Por certo, que o goberno galego vai remitir finalmente os datos sobre os cribados de cancro ó ministerio de sanidade, tal e como viña reclamando a Ministra. Mañá abordarase nunha nova conferencia sectorial este asunto
A partir das dúas e dez escoitaremos á veciña da Baña que xa leva recollidas 42 mil sinaturas apoiando a súa demanda.
Xa coñecemos os rivais dos equipos galegos... non hai enfrontamentos entre eles:
Ourense CF-Girona
Sant Andreu -celta
Sabadell-Derportivo
racing-Huesca
Pontevedra-Eibar