Magazine Galicia 13:40 - 11/03/26
Mércores 11 de marzo, data sinalada no almanaque porque desta xornada sairá a primeira muller reitora dunha universidade galega. Ata as seis da tarde o colectivo universitario compostelá pode escoller entre Rosa Crujeiras e Maite Flores.
Á espera dos resultados, hoxe a actualidade pasa tamén polo económico: bos resultados para Inditex que lle valen ó creador do xigante téxtil, a Amancio Ortega, para regresar ó top 10 das persoas máis ricas do mundo segundo Forbes.
No sanitario, xa o adiantabamos hai uns minutos, petición nacional -promovida desde Galicia- para rebaixar a idade dos cribados de cancro de mama, das mamografías. Nuns minutos escoitaremos os detalles.
Pero antes, imos falar dun peixe en perigo de extinción en Galicia. Unha pista: a súa variante máis coñecida é a de Noruega