Galicia Informativos Magazine Galicia 13:40 - 11/02/2611/02/2026

Magazine Galicia 13:40 - 11/02/26

A última hora en Galicia está un día máis no tempo, a Aemet activa para esta noite o aviso vermello no litoral noroeste coruñés por temporal costeiro; tamén nesta zona e na Mariña risco elevado por vento e no interior de Pontevedra por chuvia.

Temporal que mantén tres ríos en vixilancia por risco de desbordamento: son o Louro, en Tui; o Avia en Ribadavia e o Miño na Peroxa. Tamén da provincia de Ourense, saiban que Ecoloxistas en Acción presentou unha demanda ante o alto tribunal europeo contra a declaración da mina de Doade como proxecto estratéxico.

Esta é a situación nun mércores no que o conflito laboral do transporte por estrada na provincia da Coruña acada un paso máis: a folga indefinida.

E hoxe, 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia

Galicia Informativos
Más opciones