Galicia Informativos Magazine Galicia 13:40 - 05/03/2605/03/2026

Magazine Galicia 13:40 - 05/03/26

Xa o anunciabamos onte, o cambio de tempo, chegou unha nova fronte a Galicia e as chuvias iran a máis pola tarde.

Xoves hoxe no que puidemos escoitar ó conselleiro de sanidade. Antonio Gómez Caamaño falou sobre a folga médica que, de momento, segue en marcha porque non hai entendemento entre o Sergas e o sindicato Omega. Tamén neste eido, o día deixa a inauguración dun novo centro de saúde en Vigo.

Galicia ademais non é allea a situación xeopolítica internacional. A suba no combustible preocupa ós armadores. A partir das dúas e dez escoitámolos.

Por certo, na cultura, xa coñecemos as candidaturas para os premios escénicos María Casares. A peza 'Reconversión', de Ibuprofeno Teatro acada once, incluídas mellor espectáculo e dirección; e a proposta de circo 'A serie Clopen' ten 10 candidaturas. Destacan tamén 'Tromso', de Morraoconto ou 'Un deus salvaxe', de Talía Teatro

Galicia Informativos
Más opciones