Informativo Pontevedra 8:45 - 03/02/25 - Noticias de Pontevedra- Novas de Pontevedra en Radio Nacional y Radio 5
A xuiza envía a prisión o home detido en Redondela por apuñalar supostamente a outro con quen mantiña unha mala relación. O agresor di que actuou en defensa propia. Os dous implicados na pelexa quedaron para arranxar vellas rifas.
Unha familia do Grove denuncia ao Sergas por unha neglixencia médica sufrida polo seu fillo de sete anos. Nunha operación no Hospital Provincial os facultativos deixaron olvidada unha gasa o que lle causou serios problemas de saúde ao pequeno.
As comunidades de montes do Baixo Miño piden á Xunta que as superficies ribeiregas e insulares do Miño sexan incluídas no próximo Plan de Ordenación Forestal. Na actualidade estas superficies están excluídas dos proxectos de ordenación debido a súa clasificación como Dominio Público Marítimo Terrestre o que contribúe ao seu abandono e a proloferación de especies invasoras ...